Escola de Tempo Libre Ana Mogas

Programación 2021

Neste ano 2021, a programación da Escola centrarase na organización dun novo curso de primeiro nivel (Monitor de Tempo Libre) e algúns cursos de formación permanente.

O curso consta de dúas fases:

Fase teórico-práctica : 200 horas, PRESENCIAL, faltas máximas permitidas 40 horas.

Fase de prácticas : 150 horas en actividades habituais, ou 14 días en actividades intensivas.

O curso de primeiro nivel realizarase do mesmo xeito que nos últimos anos, é dicir, unha fase intensiva, nun réxime de campamentos que se desenvolverá do 19 ao 31 de xullo.  nas instalacións do Centro Cultural-Social Juan XXIII de Santiago de Compostela.

DATAS da fase TEÓRICO-PRÁCTICA:


Intensivo , en Santiago: do 19 ao 31 de xullo (total 130 horas)

• Santiago: 10 (pola tarde), 11 e 12 de setembro (25 horas)
• Santiago: 15 (pola tarde) 16 e 17 de outubro (25 horas)
• Santiago: 13 e 14 de novembro (20:00 h.)

curso de tiempo libre.jpg
klipartz.com (2).png
klipartz.com (3).png

Prezo:

  • 350€ para persoas non pertencentes a grupos franciscanos

  • 300€ para os membros de grupos franciscanos (se alguén ten problemas para pagar o curso, só o diga, haberá bolsas).