• Centro C-S Juan XXIII

Proxecto solidario da 1º Comuñón

Ao longo da preparación para participar por primeira vez na Eucaristía, insistimos no compromiso de servizo e de caridade cos necesitados que supón dita participación.


Con tal motivo, presentámosvos un proxecto solidario ao que poderiades dedicar, polo menos, un pouco do voso esforzo e, por que non, algo do que recibísedes como agasallos o día da 1ª Comuñón. Trátase dun proxecto situado no Brasil, concretamente no Estado de Roraima e preto da Cidade de Boavista.


Alí as Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor, traballan na acollida dos inmigrantes-refuxiados venezolanos que, desde a próxima fronteira chegan buscando unha vida mellor, e que se establecen en grandes campos de refuxiados.





As irmás francisanas traballan, por unha banda atendendo as necesidades inmediatas, como son a alimentación, a formación e a súa situación legal; pero tamén mediante a promoción cultural e profesional que posibilite a súa progresiva inserción na nova realidade. Destinatarios prioritarios da devandita atención son os numerosos nenos e nenas que chegan ao campo de refuxiados. A eles, queremos que chegue de modo especial vosa axuda…



As irmás francisanas traballan, por unha banda, atendendo as necesidades inmediatas, como son a alimentación, a formación e a súa situación legal; pero tamén mediante a promoción cultural e profesional que posibilite a súa progresiva inserción na nova realidade. Destinatarios prioritarios da devandita atención son os numerosos nenos e nenas que chegan ao campo de refuxiados.


A eles, queremos que chegue de modo especial vosa axuda. Por iso, e segundo explicaramos, indicámosvos unha conta á que podedes enviar as vosas achegas e tamén un teléfono que vos permitirá enviar ditas achegas a través de Bizum.


Trátase dunha conta española, co fin de evitar os gastos de transferencia ao estranxeiro. Como por distintas razóns o envío da conta atrasouse, agradeceríavos que enviásedes as achegas canto antes. Iso si, tede en conta que, o máis importante, máis aló da cantidade, é que o achegado sexa iniciativa dos nenos, como expresión do seu compromiso con todo o que implica a participación na Eucaristía.


CONTA: ES63 2085 5270 9203 3152 5521

BIZUM: Teléfono 696 36 68 77


Contamos coa vosa axuda… MOITAS GRAZAS A TODOS!!

0 views0 comments

Recent Posts

See All