top of page

Pascua familiar interfraciscana 2022

Como saberedes, un ano máis, despois de dous anos sen poder reunirnos, este ano volvemos celebrar a nosa PASCUA FAMILIAR INTERFRANCISCANA.

Este ano celebrarémola no Convento Franciscano de Herbón-Padrón, que algúns de vós coñeceredes.





A Pascua é un momento especial de sentirnos comunidade e de celebrar a Pascua, é dicir, as celebracións máis importantes para os cristiáns, en familia. Compartimos catequese (para nenos, novos e adultos, por grupos de idade), oracións, celebracións e momentos de convivencia.


A Pascua empeza o Xoves Santo ao mediodía e conclúe o domingo de Pascua pola mañá, coa celebración de Envío, despois de celebrar a Resurrección.


Se queres participar de toda a experiencia (de xoves a domingo), podes inscribirche aquí. Lembra levar roupa de cama ou saco de durmir.


Por suposto, querémosvos convidar a todos a compartir connosco a experiencia... Pero, ademais, como este ano estamos moi preto de Santiago, (Herbón está a menos de media hora de Compostela) querémosvos animar de modo moi especial a todos, aínda que non poidades acompañarnos todos os días, a que compartades connosco algunha das xornadas, ou varias, ou as celebracións, ou algún momento que consideredes e poidades acompañarnos... Para que vos poidades organizar, aquí están os horarios da Pascua... Esperámosvos a todos!!... E, vexámonos ou non, desexarvos unha FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!...



Podes descargar os horarios aquí:

HORARIOS DEFINITIVOS PASCUA 2022
.pdf
Download PDF • 1.15MB

2 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page