top of page

Noso agradecemento do programa Operativo FEDER

O programa Operativo FEDER (que son as siglas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) Galicia 2014-2020, son unhas axudas que outorga a Unión Europea para cofinanciar aqueles investimentos que precisamos como entidade para promover a Inclusión Social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.


Este ano apóiannos subvencionando en parte o funcionamento do Albergue, os servizos de atención ás necesidades básicas e a realización de itinerarios de inclusión básica e de inclusión e transición ao emprego. Tamén na adquisición de equipamento e electrodomésticos.


O noso agradecemento á Unión Europea no seu cofinanciamento por medio do programa Operativo FEDER Galicia (2014-2020) para promover a Igualdade, a saúde e a inclusión social.



bottom of page