• Centro C-S Juan XXIII

CURSO INFORMÁTICA BÁSICA 2021 A

Afrontamos o comezo do 2021 ofrecendo unha nova formación que busca dar opcións para ir mellorando os perfís laborais convertendo en oportunidade esta época tan complexa que estamos a vivir.


Por esta causa desde o 25 de xaneiro e ata o 01 de xuño, os luns, martes e mércores de 11:00 a 13:00 horas, na aula de informática terá lugar o curso de Informática Básica 2021 A, co cal por medio de clases teórico-prácticas e utilizando continuamente o computador como ferramenta de traballo, a docente achegará e instruirá no manexo da computadora, así como no coñecemento e funcionamento dos programas informáticos máis utilizados.


Ensinarase como sacarlle o máximo partido ao Internet e como realizar as diferentes xestións máis habituais no ámbito en liña. En resúmen, un curso de alfabetización dixital completo con 110 horas de duración que prepara para a procura de emprego contando cunha base informática óptima á requirida nas empresas.


Como complemento ao curso os xoves e os venres de 11.30 a 13 h a aula de informática quedará aberta ao uso tanto dos alumnos deste curso como de toda aquela persoa usuaria do recurso que precise acceder a un computador para realizar algunha xestión.


Toda formación e uso da aula será levado a cabo conforme ás normativas sanitarias vixentes para a prevención da expansión da COVID-19. Con toma de temperatura, desinfección previa e posterior dos postos de traballo, ventilación e mantemento correcto das distancias de seguridade.


Non deixes de preguntar no Departamento Social!




Recent Posts

See All
® 2020 Centro Social Juan XXIII - Iglesia de San Francisco - Santiago de Compostela. Todos los derechos reservados.