• Centro C-S Juan XXIII

Curso de Alfabetización Dixital - Inicial

O luns 29 de novembro ás 10h comeza o curso de Alfabetización dixital (4º edición) nivel inicial.


Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de tecnoloxías dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workshop, usando un computador, móbil ou tablet.


Comezamos no nivel inicial, é dicir, para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas:


  • Uso inicial de Word, Excel e PowerPoint

  • Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais

  • Uso inicial das ferramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, Documento, Hoja de Cálculo, Presentación, etc.

Ver todos os temas do curso


As clases serán de tipo taller, é dicir práctico e con usos para cada día. Serán 100hs de cursado, de luns a mércores, 4hs por día.


Respectaranse todas as medidas de hixiene e cada estudante terá acceso ao seu propio computador.


O curso terá un valor total de 10€ como doazón, en caso de non poder pagalo, ofreceranse bolsas, avaliadas polo noso departamento Social.


Os interesados deben inscribirse de luns a venres de 10 a 12h na nosa oficina do departamento Social.


As cotas son limitados! Esperámosvos!





{{count, number}} view{{count, number}} comment

Recent Posts

See All