top of page

CURSO CAMAREIRA/O DE BAR 2019

Desde o próximo 06 de maio e ata o 11 de xuño ten lugar nas nosas instalacións o curso de Camareiro/a de Bar 2019. Con 100 horas de duración que se impartirá de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.


Un curso eminentemente práctico no cal se aprenderá desde a organización e preparación do servizo, así como as características e modos de servir os produtos habituais: viño, cervexa, destilados, cafés, tés, zumes… facendo especial fincapé no modo de atender e tratar ao cliente.


Unha oportunidade que pode abrir moitas portas no mundo laboral que hoxe en día atopamos e que permitirá facer o teu perfil máis competitivo.

Dita formación vai impartida dentro dos itinerarios de inserción socio-laboral subvencionados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.



1 view0 comments
bottom of page