• Centro C-S Juan XXIII

Comienza curso de Alfabetización Digital - Inicial

Comeza o luns 19 de setembro o curso de Alfabetización dixital (7º edición) nivel inicial. Ditarase de luns a venres de 10 a 13h, con data de finalización o 7 de novembro.


Inscricións para o seguinte curso: De luns a venres de 10 a 12:30h no Departamento Social do noso centro. Tamén podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta por María José)


Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de competencias dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workshop, usando un computador, móbil ou tablet.


Comezamos no nivel inicial, é dicir, para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas:


  • Uso inicial de Word, Excel e PowerPoint.

  • Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais.

  • Uso inicial das ferramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, Documento, Folla de Cálculo, Presentación, etc.

  • Incluiremos temática orientada a Atención ao cliente.


Ver todos os temas do curso


As clases serán de tipo taller, é dicir práctico e con usos para cada día. Serán 100hs de cursado, de luns a venres, 3hs por día.


Respectaranse todas as medidas de hixiene e cada estudante terá acceso ao seu propio computador.


A principal finalidade desta formación, ademais de ampliar os seus coñecementos, é facilitar a integración socio-laboral a estas persoas en proceso de exclusión ou con fortes dificultades de acceso ao mercado laboral ou que se atopan en precariedade laboral, a través dunha intervención integral de emprego e complementaria con outros recursos de apoio social.


Formación impartida no marco da Estratexia de inclusión social de Galicia e subvencionada pola Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2022 e 2023, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”. “O FSE inviste no teu futuro”.Procedemento: BS631A






0 views0 comments