top of page

Comeza o curso de Alfabetización Dixital - Inicial

Comeza o luns 30 de xaneiro o curso de Alfabetización dixital (7º edición) nivel inicial. Ditarase de luns a venres de 10 a 13h (un día será de 4h), con data de finalización o 15 de marzo.


Inscricións para o seguinte curso: De luns a venres de 10 a 12:30h no Departamento Social do noso centro. Tamén podes chamar ao: 981 581 952 (pregunta por María José)


Este curso está orientado a toda persoa que desexe formarse no uso de competencias dixitais, despexar dúbidas comúns, comunicación dixital e manexo de programas e apps de uso diario que pertencen a Microsoft Office e a Google Workshop, usando un computador, móbil ou tablet.


Comezamos no nivel inicial, é dicir, para persoas que non tiveron a oportunidade de formarse nos seguintes temas:


  • Uso inicial de Word, Excel e PowerPoint.

  • Uso das nubes dixitais, datos privados e públicos, redes sociais.

  • Uso inicial das ferramentas de Google Workshop: Drive, Gmail, Documento, Folla de Cálculo, Presentación, etc.

  • Incluiremos temática orientada a Atención ao cliente.



As clases serán de tipo taller, é dicir práctico e con usos para cada día. Serán 100hs de cursado, de luns a venres, 3hs por día.


Respectaranse todas as medidas de hixiene e cada estudante terá acceso ao seu propio computador.


A principal finalidade desta formación, ademais de ampliar os seus coñecementos, é facilitar a integración socio-laboral a estas persoas en proceso de exclusión ou con fortes dificultades de acceso ao mercado laboral ou que se atopan en precariedade laboral, a través dunha intervención integral de emprego e complementaria con outros recursos de apoio social.






bottom of page