top of page

Campaña doazón Nadal - 2019

Un ano máis apelamos á vosa solidariedade para que entre todos podamos seguir facendo virar este mecanismo.

Toda axuda que nos fagades chegar é estupenda pero se ides facernos chegar produtos de Nadal rogámosvos que estes cheguen antes da Noiteboa para que poidan chegar ás casas de quen máis o necesitan a tempo para poder ser compartidos.

Queremos agradecervos moitísimo que sempre vos acordedes de nós. Co que doades permitides que outras persoas poidan cubrir parte das súas necesidades e iso axúdanos no proceso de integración que acompañamos.

Sen vós nada disto sería posible e por iso sentímosvos parte de todo o que levamos a cabo. Todos somos diferentes e cada un achegamos cousas distintas a este quebracabezas. Dá igual de onde vingamos ou como sexamos. Únenos algo común que une e constrúe por encima de toda diferenza.


Grazas por darlle un sentido solidario ao voso Nadal compartindo con quen máis o necesitan. Sigamos acollendo, sigamos sumando!



3 views0 comments
bottom of page