Benvidos!
Paz e ben!
Dámosche a benvida á páxina web do Centro Cultural-Social Xoán XXIII, con sede en Santiago de Compostela.
Desde hai varias décadas levamos adiante varios proxectos de acción social que tratan de apoiar ás persoas e colectivos da nosa contorna que sofren calquera clase de carencia, cunha especial incidencia no referido á pobreza material, sen descoñecer o valor inalienable da dignidade humana en calquera situación.
A través desta xanela virtual poderás coñecernos máis, seguir e ata colaborar no noso labor, que se fai realidade grazas á colaboración de entidades e persoas, como ti, que suman para facilitar este esforzo por construír unha cultura do respecto e a solidariedade.
A nosa actividade pode levarse a cabo grazas a entidades que nos apoian e subvencionan: A Fraternidade Franciscana, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.
A outra clave fundamental sodes vós. Empresas, particulares, peregrinos, que co só ánimo de axudar e de ser parte implicada na mellora das persoas polas que traballamos, axudádesnos coa vosa xenerosidade convertida en doazóns que axudan a que todo siga funcionando.
Sen eles e sen a vosa xenerosidade, nada disto sería posible. Grazas por seguir apoiándonos!

